domingo, 13 de setembro de 2020

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria extraordinaria 2020-2021

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia. O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 11 de setembro ata as 13:00 horas do martes 15 de setembro de 2020. A reclamación deberase realizar no centro de entrega (onde se presentou a solicitude) enlace

venres, 11 de setembro de 2020

Convocatoria Extraordinaria ABAU 2020

Os exames terán lugar os días 15, 16 e 17 de setembro, en xornada de mañá e tarde, e no horario que se indica no Anexo III enlace

As normas de realización , publicación das cualificacións, revisións e outros puntos de interese, están dispoñibles na páxina de ciug.gal

domingo, 6 de setembro de 2020

Información orientativa. Ciclos e módulos de FP con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes desde o 1 de setembro ata o día 9 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime e modalidade, para grao medio; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas a finais de agosto e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.

Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte "Oferta de FP" no menú lateral), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.

enlace

mércores, 2 de setembro de 2020

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación extraordinaria. Curso 2020-2021

1ª adxudicación sobre as listaxes de espera do período ordinario: publicación o día 2 de setembro.

Matriculación da 1ª adxudicación: do día 2 de setembro ás 9:00 ao 4 de setembro ás 13:00 horas.

enlace

luns, 31 de agosto de 2020

Publicada a quinta listaxe de admitidos e de espera no Sistema Universitario de Galicia

Publicados os resultados da asignación de prazas á universidade (Prazo 5)

Prazo de matrícula : das 00:01h do 1 de setembro ata as

23:59h do 2 de setembro

Prazo de confirmación listas de espera : aberto dende a 

publicación de resultados ata as 23:59h do 2 de setembro

enlace

venres, 28 de agosto de 2020

RELACIÓNS DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS QUE PODEN QUEDAR CON PRAZAS VACANTES

A CONVOCATORIA ORDINARIA de solicitude de admisión (preinscrición) en titulacións con límite de prazas existentes nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2020/21 contempla un prazo de SOLICITUDE EXTRAORDINARIA: 

“Os estudantes que non puideron matricularse en ningunha das titulacións solicitadas despois dos 4 primeiros chamamentos, poden solicitar unha modificación da preinscrición o 27 de agosto, para sustituir as titulacións xa pechadas por titulacións con prazas vacantes.

” Os estudantes da que teñan feita a preinscrición ordinaria e non puideron matricularse en ningunha das titulacións solicitadas despois dos 4 primeiros chamamentos, poden solicitar unha modificación da preinscrición engadindo titulacións con prazas vacantes a continuación das xá solicitadas (estas solicitudes terán efecto a partir do chamamento que se realizará o 3 de setembro). Tendo en conta que a aplicación Informática NERTA só admite a solicitude de 5 titulacións diferentes e un máximo de 10, se son repetidas, o formulario contempla a posibilidade de eliminar algunha das solicitudes xa feitas. Teña en conta que desaparecerá da lista de espera desas titulacións que elimine e non poderemos convocalo aínda que se produzan vacantes.

Relación de titulacións enlace

Formulario para poder facer a solicitude enlace

mércores, 26 de agosto de 2020

Admisión en FP Básica en Galicia 2020/2021

 

ADMISIÓN EN FP BÁSICA , CURSO 2020-2021 

CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:
  • Presentación de solicitudes: Do 1 ao 11 de setembro de 2020 ata as 13:00h.
  • No mesmo prazo (1-11) deberase entregar o consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo III). De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
  • Publicación da listaxe de admitidos: 14 de setembro
  • Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: Dous días hábiles dende a publicación da listaxe de admitidos (15 e 16 de setembro).
  • Matrícula: Entre o 14 e o 21 de setembro.

REQUISITOS:
Cumprir simultáneamente os seguintes requisitos:
a) Facer 15, 16 ou 17 anos no ano de inicio do ciclo formativo. 
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso. 
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica. 
d) Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

DOCUMENTACIÓN:  
1. ANEXO I: Solicitude.
O alumno ou a alumna  deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, segundo o modelo do anexo I, na secretaría do centro en que pretendan ser admitidos/as en primeira opción.

2. ANEXO IV: Comunicación de incorporación á formación profesional básica, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos. Esta comunicación debes solicitala, cumplimentada e asinada polo director/a no teu centro de orixe, p
ero antes debes entregar, tamén no centro de orixe, cumplimentado e asinado, o ANEXO III (consentimento dos pais de incorporación a FP Básica). 
3. Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no Sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
4. Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:
1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia.
2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia. 
A solicitude deberá ser asinada pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais. 
No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o que o centro educativo a cotexe. 

A persoa interesada terá dereito a que o centro lle expida copia ou xustificante, con data e selo, acreditativa da presentación da solicitude. 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:
Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:
º Reunión do equipo docente para decidir a proposta de alumnado susceptible de cursar unha FP Básica. Celebrarase na última sesión de avaliación e a proposta será asinada por todo o equipo docente e o orientador/a.
2º Elaboración por duplicado do Consello Orientador por parte do titor conforme ao anexo II, asinado polo titor/a, o orientador/a e o Director/a.
3º Comunicación por parte do Director/a aos pais da proposta, entregaralles un exemplar do consello orientador e o anexo III (Consentimento dos pais de incorporación do alumno).
O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais.  
No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.
4º  No caso de que o pai, a nai ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles por duplicado o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV. Un dos exemplares deberá ser entregado no centro onde o alumno ou a alumna soliciten a súa admisión.
Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluiranse no expediente académico.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
Nº de prazas por ciclo: Dependerá do ciclo (en xeral hai 20), das cales un 10% serán reservadas para o alumnado que teñan recoñecida unha discapacidade.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade: 
a) Alumnado que cursase 2º de ESO. 
b) Alumnado que cursase 3º de ESO. 
c) Alumnado que cursase 4º de ESO. 
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade. 
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación. 
Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Resultado do sorteo 2020:
Letras primeiro apelido: "T" e "G"
Letras segundo apelido: "E" e "X"

Prazo de modificación de preinscrición Sistema Unversitario de Galicia

 Prazo de modificación da preinscrición para estudantes que non poidan matricularse en ningunha das titulacións solicitadas por estar pechadas.

Prazo: 27 de agosto

enlace

Publicada a cuarta listaxe de admitidos e de espera SUG

 Publicados os resultados da asignación de prazas á universidade (Prazo 4)

Prazo de matrícula: das 00:01 do día 27 de agosto ata as 23:59 horas do día 28 de agosto.
Prazo de confirmación listas de espera: aberto dende a publicación de resultados ata as 23:59 horas do día 28 de agosto.


martes, 25 de agosto de 2020

3ª listaxe de admitidos e de espera na Universidade (SUG)

 


Publicación da terceira listaxe de admitidos e de espera no Sistema Universitario de Galicia: data de publicación o día 21/08/2020 enlace

luns, 17 de agosto de 2020

Matrícula nas universidades galegas

 

Lugares para formalizar a matrícula:

Segunda listaxe de admitidos e de espera no S.U.G

 

Hoxe luns 17/08 publicación da segunda listaxe de admitidos e de espera (a partir das 15.00 h.) no Sistema Universitario de Galicia enlace

NERTA-Confirmar lista de espera en titulaciones

O alumnado terá que confirmar a preinscripción en cada prazo para seguir no proceso. 

venres, 14 de agosto de 2020

Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2020/2021

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución de 31 de xullo de 2020, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2020-2021.

Toda a información está dispoñible no portal de becas e axudas do MEFP enlace. O prazo de presentación de solicitudes é desde o 9 de agosto ata o 30 de setembro


martes, 11 de agosto de 2020

Confirmación listaxes de espera en titulacións do Sistema Universitario de Galicia

 NERTA-Confirmar lista de espera en titulaciones

O alumnado terá que confirmar a preinscripción en cada prazo para seguir no proceso. 

• O alumnado que non confirme no prazo correspondente, será eliminado do proceso. 

• Os prazos de confirmación  corresponderánse cos prazos de matrícula na universidade, desde a publicación da asignación ata o cambio de prazo.

 • Terán un botón na pantalla de "Resultados" de "Confirmar listas de espera" 

• As preinscripcións que non se confirmen no prazo correspondente, liberarán as prazas en todas as titulaciones solicitadas con estado “En espera” 

• Poderáse cambiar o estado de “Confirmar lista de espera” durante o prazo de matrícula, tanto confirmar como desfacer a confirmación. 

• Engadirase a mensaxe no correo que se envía trala asignación indicando que para seguir no proceso ten que confirmar na aplicación a súa preinscripción. 

• O alumnado que non confirmen, xa no saldrá nos informes de "Espera", "Vacantes", etc 


Publicación da primeira listaxe de admitidos e de espera Sistema Universitario de Galicia

 

Publicación da 1ª listaxe de admitidos e de espera para o acceso ao Sistema Universitario de Galicia, martes 11/08, a partir das 15:00h. enlace

domingo, 9 de agosto de 2020

BECAS MEFP

👉BECAS E AXUDAS A ALUMNOS DE NIVEIS POSTOBLIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS, CURSO 2020-2021: 
FORMACIÓN PROFESIONAL-FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA-BACHARELATO-ENSINANZAS ARTÍSTICAS-ENSINANZAS DEPORTIVAS- IDIOMAS.

O Prazo de presentación de solicitudes por vía telemática estáABERTOdo 09/08/2020 ata o  01/10/2020
enlace http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html

👉BECAS E AXUDAS A ALUMNOS DE NIVEIS POSTOBLIGATORIOS UNIVERSITARIOS, CURSO 2020-2021: ESTUDOS DE GRAO

OPrazo de presentación de solicitudes estáABERTOdo 09/08/2020 ata o  15/10/2020
A solicitude deberá cumprimentarse por vía telemática https://sede.educacion.gob.es
Os estudantes que soliciten beca poderán formalizar a súa matrícula no grao universitario sin previo pago dos prezos públicos polos servizos académicos dos créditos dos que se matriculen por primeira vez.

mércores, 29 de xullo de 2020

CICLOS E MÓDULOS DE FP CON PRAZAS VACANTES

👀CICLOS E MÓDULOS FORMATIVOS DE FP CON PRAZAS VACANTES

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes.
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 29 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación extraordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.
👉As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.
Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Réxime ordinario
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
Modalidade distancia

2ª ADXUDICACIÓN ADMISIÓN CICLOS

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. 2ª ADXUDICACIÓN ORDINARIA. CONVOCATORIA 2020

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.
👉RÉXIME ORDINARIO
👀LISTAXES DE PERSOAS CON PRAZA ADXUDICADA
👀LISTAXES DE ESPERA

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 29 de xullo ata as 13:00 horas do venres 31 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
🚩A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo: enlace
👉RÉXIME PARA AS PERSOAS ADULTAS
MODALIDADE PRESENCIAL
👀Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
MODALIDADE A DISTANCIA
👀Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 29 de xullo ata as 13:00 horas do venres 31de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:
Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

xoves, 23 de xullo de 2020

SOLICITUDE DE RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS USC

🚩 Convocatoria Ordinaria del SUR. Curso 2020-2021
O prazo para solicitar residencias universitarias é ata o 28 de xullo enlace