Probas acceso a ciclos de FP

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxe definitiva de cualificacións. Convocatoria 2020

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 
Listaxe definitiva das probas de acceso de grao superior enlace

Listaxe definitiva das probas de acceso de grao medio enlace


Publicada a listaxe provisionalcualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior.
Período de reclamación: do día 17 ao 19 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
enlace para acceder á consulta das cualificacións da proba de acceso a ciclos de grao medio
enlace  para acceder á consulta das cualificaciñons da proba de acceso a ciclos de grao superior
Instrucións para a búsqueda de información no documento 
Para buscar información personalizada no documento poderá seguir estes pasos: 1º- Seleccionar un modo de búsqueda no documento: 
 Control + F 
 Menú Edición → Buscar 
 Menú Edición → Búsqueda avanzada 
2º- Na caixa de busca, escribir o primeiro apelido, seguido do segundo apelido cando se considere necesario. Tamén se pode buscar por outros parámetros. 
3º- Comprobar que os díxitos que aparecen na columna DNI correspondan, na mesma posición, co seu número de documento oficial de identidade. 
4º- Comprobar que o resto dos datos sexan correctos.

➤Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2020

Acceso aos exames e respostas da convocatoria.

Parte común e Parte específica enlace

➤Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas. Convocatoria 2020

Acceso aos exames e respostas da convocatoria. Consulta a túa versión (amarela ou azul) no seguinte enlace


➤Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2020.


Para consultar a listaxe de solicitudes admitidas e a resolución de exencións para as probas de acceso a ciclos de grao medio preme no enlace

Instrucións para a búsqueda de información no documento 
Para buscar información personalizada no documento poderas seguir estes pasos: 
1º- Seleccionar un modo de búsqueda no documento: 
 Control + F
 Menú Edición → Buscar 
 Menú Edición → Búsqueda avanzada 
2º- Na caixa de busca, escribir o primeiro apelidoseguido do segundo apelido cando se considere necesarioTamén se pode buscar por outros parámetros.
 3º- Comprobar que os díxitos que aparecen na columna DNI correspondan, na mesma posición, co teu número de documento oficial de identidade. 
4º- Comprobar que o resto dos datos sexan correctos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2020


Lugar de celebración da proba: IES de Rodeira
(para todas as solicitudes presentadas no IES Johan Carballeira, IES Plurilingüe A Paralaia, 
IES María Soliño e IES de Rodeira.
Data de celebración: 10 de xuño.

Horario nos que desenvolveranse as probas:

Presentación: – Ás 9:00 horas
Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
– Das 09:30 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais). 
Parte científico-técnica da proba: 
– Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía). 
En cada chamamento as persoas inscritas seguirán as instrucións dadas polos centros. As persoas que estean exentas de realizar a parte matemática e a parte sociolingüística acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte científico-técnica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das tres partes non terán que acudir á celebración da proba. Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización


Documentación que se precisa:
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición. Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos. As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas 
Bolígrafos de tinta negra ou azul. 
Na proba de Tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos. 

Para coñecer outras sedes preme no enlace

Para consultar as Instrucións para a realización das probas de acceso preme no enlace



PROBAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO 2020 (NOVAS DATAS)

Publicación da resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas: 3 de abril
Prazo de reclamacións contra estas resolucións provisorias: ata o día 28 de maio,no centro onde se realizase a inscrición.
(as persoas que se acolleron a posibilidade de presentar reclamación a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal non é preciso que fagan ningún trámite novo, xa que a súa reclamación xa foi tramitada)
Resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas: farase pública o día 29 de maio.
Relación de centros públicos onde se vaian a constituir as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos: 29 de maio ( htttp://edu.xunta.gal/fp)
Celebración das probas de grao medio: día 10 de xuño de 2020.
(as persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición).

Horario nos que desenvolveranse as probas:
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
- Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

Relación provisoria de cualificacións: día 17 de xuño.
Reclamacións contra a listaxe provisoria : desde o día 17 ata o día 19 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizara a inscrición.
Relación definitiva de cualificacións : o día 26 de xuño.

Solicitude das certificacións: todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 29 de xuño.

PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR 2020 (NOVAS DATAS)

Celebración da proba: 11 de xuño
Publicación da listaxe de cualificacións provisionais: 17 xuño*
Reclamación contra a listaxe de cualificacións provisionais: 17-19 xuño*
Publicación da listaxe de cualificacións definitivas: 26 xuño*
Entrega de certificados nos centros: A partir do 29 de xuño*
Recursos contra as cualificacións definitivas de probas de acceso: 29 xuño - 29 xullo*
Resolución administrativa: 30 xuño - 30 setembro*

* Datas modificadas do calendario de probas de acceso con respecto ao establecido na orde da convocatoria debido á situación provocada pola pandemia causada pola Covid-19 




👉 Premendo na seguinte imaxe podedes acceder ás solicitudes e resolucións de exenciós para as probas de acceso a ciclo formativos grao medio





👉🔺 Aprázanse as probas de acceso a ciclos formativos de Grao Superior🔺
  • As probas previstas para o día 23 de abril de 2020 quedan aprazadas
  • Polo momento, mantéñense as  probas de acceso a grao medio para o 28 de maio de 2020
Manterémosvos informados das novas sobre este tema.
Para acceder á publicación da Consellería, preme na seguinte imaxe.






👉 Premendo na seguinte imaxe poderás acceder ás solicitudes e resolucións de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior







👉 Para ter información da convocatoria 2020 das probas de acceso a ciclos de GRAO MEDIO, preme na seguinte imaxe:

Nesta LIGAZÓN tes os exames de grao medio da anos anteriores

Recorda!: o prazo de inscrición da proba de acceso a ciclos medio de Formación Profesional é:

2 ao 13 marzo de 2020


👉 Para ter información da convocatoria 2020 das probas de acceso a ciclos de GRAO SUPERIOR, preme na seguinte imaxe:



Dispós de probas xa resoltas na seguinte enlace;
Grao Sueprior: Probas resoltas de convocatorias anteriores

Recorda!: o prazo de inscrición da probra de acceso a ciclos superiores de Formación Profesional é:

 10 ao 19 de febrero de 2020






.