venres, 29 de novembro de 2019

30 de novembro: Día Internacional da Loita contra os Trastornos Alimentarios



O alumnado de 2º da ESO do noso centro, o mércores 27 de novembro de 2019, recibiu un obradoiro de prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria impartido por CIOR Galicia. Queremos agradecer a súa colaboración co noso centro.

Hoxe (29/11/19) fixemos un lazo para promover a defensa desta causa.

luns, 14 de outubro de 2019

PREPARACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS NIVEL 2


PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE PROFESIONAIS
NIVEL II

A Asociación Rexurdir organiza un curso de preparación das Competencias Clave Profesionais DIRIXIDO A ALUMNOS DA ESA

  • Para que serve: 
     
    PARA QUE PERSOAS SEN REQUISITO DE TITULACIÓN ACADÉMICA POIDAN ACCEDER A FORMACIÓN DOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 (cursos do INEM).
 
  • Comezo das clases:  15 DE OUTUBRO
  • Días, horario e lugar das clases  MARTES E VERNES DE 09:30 A 13:30H NO CENTRO DE MAIOES QUE ESTÁ AO LADO DO CONCELLO
  • Para anotarse ou ampliar información: 
    PASAR POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN OU CHAMAR A ASOCIACIÓN REXURDIR 
 
Asociación Rexurdir de Actividades Sociales 
C/Ezequiel Massoni nº52 bajo 
Teléfono 986890770//698138358
 
 

mércores, 25 de setembro de 2019

martes, 3 de setembro de 2019

BECAS GENERALES MEC 2019-20


Dende o mes de agosto xa está aberto o prazo para solicitar as becas para este curso escolar 2019-20, tanto para estudos non universitarios coma para aqueles que van facer estudos universitarios.

BECAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS: 

- Prazos e forma: dende o 1 de agosto ata o 1 de outubro de 2019 mediante formulario on-line da páxina web do Ministerio de Educación.


BECAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS:

- Prazos e forma: dende o 1 e agosto ata o 15 de outubro de 2019 mediante formulario on-line da páxina web do Ministerio de Educación.