- GOF de Vigo. GABINETE DE ORIENTACIÓN FAMILIAR DE VIGO
G.O.F. VigoR/Concepción Arenal, 8, 1ª planta. Vigo.Tlf.: 986.817.085Os gabinetes de orientación familiar (GOF) constitúen un recurso especializado no apoio ena promoción da calidade de vida das persoas e das familias, e na atención e prevencióndas diferentes situacións problemáticas que se poidan dar no ámbito da convivencia cotiá.A que niveis actúan?- Informativo: facilitándolles ás familias a información necesaria para favorecer unha mellor comprensión do medio e dos recursos dispoñibles.
- Educativo e formativo: proporcionándolles ás familias os medios necesarios para o desenvolvemento integral das súas funcións e das súas habilidades, fortalecendo os vínculos do sistema familiar e facilitando que a dinámica individual e familiar sexa creativa, eficaz e enriquecedora.
- Preventivo: de preparación perante as distintas etapas ou situacións polas que pasan as familias no seu ciclo vital.
- De axuda persoal e emocional: ofrecendo atención e acompañamento en calquera momento da vida e, en especial, nos momentos de crises provocadas por desgrazas inesperadas. Esta axuda pode ser: formal, a través da terapia familiar; ou informal, a través das redes de axuda mutua ou grupos de apoio familiar.
- Orientativo: acompañando as familias, ofrecendo asesoramento para a toma de decisións, a resolución de conflitos e a mobilización dos recursos propios e do contorno, así como no proceso de planificación de apoios.
- De terapia e tratamento: co fin de superar os dinamismos disfuncionais das familias, facendo posible o seu progreso e a súa adaptación.
Quen pode beneficiarse?Todas aquelas persoas con residencia en Galicia que consideren que na súa familia existealgún conflito: de parella, entre nais e pais e fillas e fillos ou coa familia extensa.Como actúan?Os GOF só poderán actuar por petición directa e voluntaria das persoas que así o requiran.Os gabinetes respectarán e terán en conta as opinións de todos os membros da familiagarantindo a confidencialidade e o segredo profesional.Onde se atopan e cal é a súa composición?Os gabinetes de orientación familiar están adscritos aos servizos de Familia e Menores dasxefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar e están formados por un equipomultidisciplinar, integrado por profesionais das áreas de traballo social, psicoloxía e dereito,todos especializados na atención dos conflitos familiares e de parella.
Outras LIGAZÓNS DE INTERESE PARA AS FAMILIAS
- Familias Galegas. Portal da Consellería de Traballo e Benestar de axuda ás familias galegas.
- Guía de recursos para as familias.
- Guía para pais e nais sobre lectura: "Leer te da más".
- Universidade de Pais. É un proxecto educativo dirixido por José Antonio Marina que ten por obxectivo axudar aos pais a desenvolver o talento dos seus fillos.
- Gabinete de Orientación Familiar (G.O.F.) de Vigo. R/Concepción Arenal, 8, 1ª planta. Vigo.Tlf.: 986.817.085
FAMILIA
RECURSOS DE APOIO ÁS FAMILIAS:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)