ABAU


🔺CONVOCATORIA PARA CONSULTA PRESENCIAL DE EXAMES(28/07/2020) enlace

día: 29/07/2020
Lugar: Salón de actos
Facultade de Dereito, USC, Santiago de Compostela
Hora:
Solicitantes con apelidos iniciados por A-L 10:00 h.
Solicitantes con apelidos iniciados por M-Z 12:00 h.
🔺SOLICITUDE DE ACCESO E CONSULTA DOS EXAMES REVISADOS: Entre o 24 e 27 de xullo (ata ás 14 horas)
🔺TARXETAS DE CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS: 23 de xullo

🔺RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE REVISIÓNS E PUBLICACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS:23 de xullo

↳ 

resolución resultados  enlace 




🔺SOLICITUDE DE REVISIÓNS: 

17 ao 21 de xullo, ata ás 14:00 horas do día 21 a través de NERTA


🔺TARXETAS DE CUALIFICACIÓS PROVISIONAIS:

16 de xullo (por correo electrónico)


🔺CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS:
16 de xullo (por correo electrónico)


🔺CRITERIOS DE AVALIACIÓN ABAU 2020

Xa podedes consultar  os Criterios de avalición da ABAU 2020 enlace https://ciug.gal/gal/exames-abau-ordinaria-xullo-2020



🔺COMO RECLAMAR AS CUALIFICACIÓNS DA ABAU 2020 NA CONVOCATORIA ORDINARIA 2020

Cando publiquen as cualificacións provisionais o día 16 de xullo se non estás dacordo, dispós de tres días para presentar unha solicitude de revisión a través de NERTA do 17 ao 21 de xullo ata ás 14:00 horas do día 21 de xullo.
A reclamación ás cualificacións da ABAU consisten nun proceso único de revisión que consta de tres fases.
Cada exame pasará por unha primeira (P) e segunda (S) corrección e, en función do resultado, pasará a unha terceira (T) revisión.
Aquí explicamos os pasos a seguir deste proceso único de reclamación:

1º PASO: PRIMEIRA REVISIÓN
No prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar revisión da cualificación nun ou varios exames.
Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”.Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.
2º PASO: SEGUNDA CORRECCIÓN
A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distindo ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.
3º PASO: TERCEIRA CORRECCIÓN 
Trala corrección anterior, no suposto de que existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro profesor/a especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Neste caso a cualificación definitiva será a media aritmética entre as tres cualificacións: P, S e T (P+S+T)/3.
Todo este procedemento deberá efectuarse no prazo do 17 ao 21 de xullo (ata ás 14:00 horas do día 21 de xullo, a través de Nerta)

Cualificación indicada coa letra P
PRIMEIRA CORRECCIÓN
Cualificación provisional
Cualificación indicada coa letra S
SEGUNDA CORRECCIÓN
A cualificación será a media entre P e S
Cualificación indicada coa letra T
TERCEIRA CORRECCIÓN
A cualificación resultante será a media entre P,S e T.

Como solicito a revisión?

A solicitude de revisión faise para cada exame a través da aplicación Nerta, do 17 ao 21 de xullo (ata ás 14:00 horas do día 21 de xullo)

👀Podo ver o exame?

O estudante ten dereito, previa solicitude. A solicitude de acceso e consulta dos exames revisados será entre o día 24 e 27 de xullo (ata ás 14:00 horas). A data de consulta publicarase na web da CIUG antes do día 28 de xullo.

😐E se non estou dacordo coa cualificación definitiva despois do proceso de revisión?

Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CiUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.











🔺PROTOCOLO ABAU 2020 EN GALICIA NORMAS PARA AS COMISIÓNS DELEGADAS POR MOR DA COVID-19



NORMAS DE ACCESO Á AULA
Dentro do centro os alumnos/as accederán á aula polas escaleiras, deixando os ascensores só para persoas que realmente os precisen e os seus acompañantes, se fose o caso.  
No momento da presentación, os vogais da comisión delegada, coa colaboración dos representantes de centros de secundaria, colocarán os alumnos/as formando unha fila na que deben respectar a distancia interpersoal e ter posta a máscara. 
Os alumnos/as serán chamados de viva voz, individualmente, identificados (coa axuda do representante de centro, se é preciso) e colocados nos seus postos dentro da aula polos vogais. 
Os alumnos/as recibirán un xogo de etiquetas adhesivas con código de barras, garantes da súa identificación e anonimato, polo que deben levalas sempre consigo en bo estado. En caso de perda ou deterioro, deben comunicalo á comisión delegada, que as substituirá por unhas etiquetas de incidencias (en ningún caso deberán entregar un exame sen as novas etiquetas). 
Cada alumno/a deberá levar consigo: etiquetas, DNI ou outro documento identificativo (pasaporte, permiso de residencia, etc.), resgardo de matrícula e xustificante de pagamento, bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra e máscara.
Cada alumno/a poderá levar consigo: xel hidroalcohólico (recomendable), panos de usar e tirar e bebida (auga ou refresco en botella transparente sen etiquetado). 
O alumno/a pode acudir aos exames cos seguintes materiais específicos: 
 Dicionario latín-español/galego para o exame de Latín II, con apéndice gramatical, pero non con páxinas de contidos literarios, que, no seu caso, deberán ser extraídas ou grampadas. 
  Dicionario de grego-español/galego para o exame de Grego II, con apéndice gramatical. 
 Material de debuxo e pintura para os exames de Debuxo Técnico II e Deseño. 
 Calculadora, non programable e sen capacidade gráfica, para os exames de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Física, Química e Economía de empresa. Os membros da comisión delegada poden comprobar se a calculadora cumpre os requisitos; de non ser así, seralle retirada ao alumno/a e non poderá substituíla por outra.
O alumno/a non pode acceder á aula con teléfono móbil, reloxo dixital (smarwatch) ou calquera outro dispositivo electrónico activados. De darse o caso, sería motivo de medida disciplinaria (expulsión da aula e cualificación do exame con 0 puntos). 
O alumno/a pode introducir na aula unha mochila, carteira ou bolsa de deporte, con todas as súas pertenzas, incluídas comida e bebida, sempre que cumpra o que se indica nas normas específicas de prevención. 


Para máis información preme no enlace






DATAS CONVOCATORIA ORDINARIA E EXTRAORDINARIA


HORARIO DA CONVOCATORIA ORDINARIA (XULLO)

 

INSTRUCCIÓNS PARA A MATRÍCULA DA ABAU

O alumnado que teña pensado matricularse na ABAU pode consultar na páxina da GIUG (ou facendo clik na ligazón) o documento de procedemento de matrícula así como os impresos necesarios para formular matrícula da ABAU. Estes impresos son pdf editables e inclúen: o impreso de taxas (bacharelato e FP), o impreso de matrícula ABAU (bacharelato), o impreso de matrícula ABAU (FP) e o impreso Certificado (FP)


MEDIDAS DE SEGURIDADE PARA A ABAU 

Se queredes coñecer as medidas de seguridade relativas ao COVID 19 para o desenvolvemento da ABAU podedes premer na seguinte imaxe


🔺CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ABAU 2020🔺

Xa está publicada a convocatoria de matrícula para a ABAU 2020. Accede a ela na seguinte ligazón: https://ciug.gal/PDF/convocatoria_ordinaria_abau_2020.pdf

MATRÍCULA ANTICIPADA
MATRÍCULA ORDINARIA
MATRÍCULA EXTRAORDINARIA
1-17 Xuño 2020
1.      Prematrícula: 10- 17 xuño
2.      Os centros educativos enviarán ao LERD correspondente a documentación (17 -19 de xuño)
3 xullo de 2020 (das 9:00h ás 14:00h)
Realizarase preferentemente a través da aplicación NERTA
Excepcionalmente nos LERDS (anexo I da convocatoria)
Nos correspondentes centros de Educación Secundaria (tanto de bacharelato como dos Ciclos Formativos de grao Superior)
Exclusivamente a través do sistema informático NERTA (https://www.edu.xunta.es/nerta
Deberanse aboar os prezos de matrícula na entidade bancaria
O alumnado con dereito a exencións deberá enviar copia da xustificación por correo electrónico ao LERD correspondente (anexo I da convocatoria)
Documentación a entregar (consultar convocatoria)
Documentación a entregar (consultar convocatoria)
·       O 17 de xuño de 2020 O alumnado deberá revisar os seus datos podendo interpoñer, no seu centro, reclamación aos mesmos, ata as 14.00 horas dese día se detecta algún erro
·       A partir do 19 de xuño de 2020, o alumnado poderá consultar en NERTA a súa matrícula na ABAU.
Para a realización dos exames, o alumnado deberá levar consigo:
  • DNI ou documento identificativo (pasaporte, permiso de residencia, etc.)
  • Resgardo de matrícula e xustificante de pago
  • Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra
  • Material axeitado para a realizar o exercicio correspondente á materia de Debuxo Técnico II e Deseño.
  • O dicionario de latín-español (exame de Latín II) ou grego-español (exame de Grego II)
  • Calculadora (Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II, Física, Química e Economía da empresa) *A calculadora deberá ser NON programable e que non teña capacidade gráfica
NON está permitido:
  • O uso de teléfonos móbiles
  • Reloxos intelixentes (aínda que só se utilicen en modo de reloxo convencional)
  • Dispositivos electrónicos



-----------------------------------------------------------------------------------

NOVOS GRAOS UNIVERSITARIOS 

CURSO 2020/21


Novas titulacións
  • Grao en Empresa e Tecnoloxía. (Universidade de Santiago de Compostela. Campus de Lugo. 45 prazas)
  • Grao en Bioquímica (Universidade de Santiago. Campus de Lugo. 45 prazas)
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña. Campus da Coruña. 50 prazas)

Graos abertos (novidade)



Os graos abertos, que teñen por obxectivo ampliar as posibilidades de elección do alumnado, permiten estudar durante o primeiro curso materias de, como mínimo, tres graos diferentes da mesma rama de coñecemento. Deste xeito, o alumnado pode facerse unha idea máis realista de cada grao e decidirse finalmente por un en concreto.

Os graos abertos que se ofertan para o vindeiro curso son:
  • Grao aberto de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña. Campus da Coruña. 10 prazas)
  • Grao aberto de Enxeñaría Industrial (Universidade da Coruña. Campus de Ferrol. 8 prazas)
  • Grao aberto en Enxeñarías (Universidade de Santiago de Compostela. Campus de Lugo. 10 prazas)

COÑECES UNIGOW?

Presentámosvos unha plataforma que axuda ao alumnado de 2º de bacharelato a atopar a súa carreira ideal. Trátase dunha comunidade de axuda entre o alumnado universitario e de bacharelato.
Poderás descubrir o teu futuro universitario contactando con xente que xa está na carreira á que queres acceder. Polo tanto, é unha oportunidade para resolver todas as dúbidas sobre a universidade.

Como funciona?
  • Deberás cubrir o formulario indicando a carreira e a universidade á que che gustaría acceder
  • Recibirás contacto de un ou varios uniguiders (persoas universitarias) no teu email para poder resolver as túas dúbidas
  • Poderás consultar opinións reais e informarte sobre a túa carreira e universidade.

Deixamos o enlace directo premendo na seguinte imaxe para que poidades botarlle un ollo con calma.







🔺MODELOS DE EXAME ABAU 2020🔺

Xa están publicados os modelos de exame ABAU 2020 que se celebrará o 7, 8 e 9 de xullo.
Cada materia ten unha opcionalidade diferente, polo que deberás descargar os modelos de exame das materias das que te vas examinar. (Por exemplo, o exame de Lingua Castelá e Literatura consta de 8 preguntas das que deberás responder a un máximo de 5. O de Historia de España ofrece 4 preguntas das que deberás responder a 2)

Podes acceder a eles entrando na páxina web da CiUG (https://ciug.gal/gal) ou directamente pinchando na seguinte imaxe


Se o prefires, tamén podes visitar esta páxina de "La Voz de Galicia"  onde se recolle a opcionalidade de todas as materias: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/04/16/nuevos-examenes-selectividad-galicia/00031587027411031504822.htm
Moito ánimo a tod@s! Xa estamos na recta final😃



 

OFICINA DE INFORMACIÓN UNIVERSITARIA USC

Bo día a tod@s! Hoxe queremos recomendarvos este servizo da USC. Se estás interesad@ en coñecer a organización, o funcionamento e as actividades que se desenvolven nesta universidade, non dubides en contactar con eles.
Ademais, teñen habilitada unha canle de información a través de videoconferencias ao que poderás acceder a través da seguinte ligazón: https://www.usc.es/gl/servizos/oiu/chat.html 

As videoconferencias realizaranse todos os mércores de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Para máis información preme na seguinte imaxe:






🔺ABAU 2020🔺


Bo día a tod@s! Informámosvos de que as datas para a convocatoria ordinaria da ABAU 2020 serán os días 7, 8 e 9 de xullo.
O modelo de examen será similar ao actual, cos mesmos tempos de realización pero cunha maior opcionalidade, co obxectivo de que o alumnado acade a máxima puntuación sin que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previsto.
Para acceder á información completa preme na imaxe  ou entra na páxina da CiUG  https://ciug.gal/gal 







Bo día a tod@s! Deixámosvos actualizados os parámetros de ponderación das diferentes materias da parte voluntaria da ABAU  para o curso 2020-21.
Poderás acceder a eles premendo seguinte imaxe:


Tamén vos deixamos a exposición realizada polo presidente da CiUG, Iván Area, no noso centro o 9 de marzo de 2020.





ABAU - 2020 











AVISOS
Solicitude anticipada-preinscripción aos graos universitarios galegos.   Maís información Aquí.


Se está pensando en facer preinscricións noutras universidades españolas fóra de Galicia, podes poñerte en contacto a través das direccións electrónicas dos Servizos de Información e preinscrición Universitaria das diferentes comunidades autonómicas de España. 




http://bacharelato.ga/ é un sitio web de información sobre bacharelato e acceso á universidade.





PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS TRONCAIS DE MODALIDADE E MATERIAS DE OPCIÓN DA PROBA -ABAU- PARA ACCESO/ADMISIÓN A UNIVERISDADE 2019-2020

Xa está publicada a lista definitiva cos parámetros de ponderacións das materias troncais de modalidade e materias de opción da proba ABAU para o acceso o sistema universitario galego.
Curso 2019-2020
https://drive.google.com/open?id=1IuTMce7s-qYtx8aKIGo0m_abyMdRjh9W


Tendes a continuación e para a vosa consulta a presentación da CIUG que se usou na charla  para o  alumnado de 2º de bacharelato sobre o proceso de acceso-admisión a universidade para o curso escolar 2019-20.


https://drive.google.com/open?id=1N-CBWQjboSwRYnxKfuDm_3dwcLSjLaab