mércores, 26 de agosto de 2020

Admisión en FP Básica en Galicia 2020/2021

 

ADMISIÓN EN FP BÁSICA , CURSO 2020-2021 

CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:
  • Presentación de solicitudes: Do 1 ao 11 de setembro de 2020 ata as 13:00h.
  • No mesmo prazo (1-11) deberase entregar o consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo III). De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
  • Publicación da listaxe de admitidos: 14 de setembro
  • Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: Dous días hábiles dende a publicación da listaxe de admitidos (15 e 16 de setembro).
  • Matrícula: Entre o 14 e o 21 de setembro.

REQUISITOS:
Cumprir simultáneamente os seguintes requisitos:
a) Facer 15, 16 ou 17 anos no ano de inicio do ciclo formativo. 
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso. 
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica. 
d) Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

DOCUMENTACIÓN:  
1. ANEXO I: Solicitude.
O alumno ou a alumna  deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, segundo o modelo do anexo I, na secretaría do centro en que pretendan ser admitidos/as en primeira opción.

2. ANEXO IV: Comunicación de incorporación á formación profesional básica, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos. Esta comunicación debes solicitala, cumplimentada e asinada polo director/a no teu centro de orixe, p
ero antes debes entregar, tamén no centro de orixe, cumplimentado e asinado, o ANEXO III (consentimento dos pais de incorporación a FP Básica). 
3. Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no Sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
4. Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:
1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia.
2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia. 
A solicitude deberá ser asinada pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais. 
No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o que o centro educativo a cotexe. 

A persoa interesada terá dereito a que o centro lle expida copia ou xustificante, con data e selo, acreditativa da presentación da solicitude. 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:
Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:
º Reunión do equipo docente para decidir a proposta de alumnado susceptible de cursar unha FP Básica. Celebrarase na última sesión de avaliación e a proposta será asinada por todo o equipo docente e o orientador/a.
2º Elaboración por duplicado do Consello Orientador por parte do titor conforme ao anexo II, asinado polo titor/a, o orientador/a e o Director/a.
3º Comunicación por parte do Director/a aos pais da proposta, entregaralles un exemplar do consello orientador e o anexo III (Consentimento dos pais de incorporación do alumno).
O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais.  
No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.
4º  No caso de que o pai, a nai ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles por duplicado o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV. Un dos exemplares deberá ser entregado no centro onde o alumno ou a alumna soliciten a súa admisión.
Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluiranse no expediente académico.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
Nº de prazas por ciclo: Dependerá do ciclo (en xeral hai 20), das cales un 10% serán reservadas para o alumnado que teñan recoñecida unha discapacidade.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade: 
a) Alumnado que cursase 2º de ESO. 
b) Alumnado que cursase 3º de ESO. 
c) Alumnado que cursase 4º de ESO. 
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade. 
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación. 
Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Resultado do sorteo 2020:
Letras primeiro apelido: "T" e "G"
Letras segundo apelido: "E" e "X"