martes, 21 de xullo de 2020

1ª ADXUDICACIÓN DE CICLOS DE FP

Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2020/2021

Publicación das listaxes de persoas admitidas aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
🚩RÉXIME ORDINARIO
O PRAZO DE MATRÍCULA OU RENUNCIA do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP" enlace
👉 RENUNCIA
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP" enlace
👀 MATRÍCULA OU RENUNCIA
Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo enlace
🚩RÉXIME PARA AS PERSOAS ADULTAS
O PRAZO DE MATRÍCULA do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
👀MATRÍCULA
Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:
Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP" enlace
👀No réxime para as persoas adultasnon é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.
📌LISTAXES
LISTAXES DE PERSOAS CON PRAZA ADXUDICADA
LISTAXES DE ESPERA
ACCESO Á APLICACIÓN INFORMÁTICA enlace