mércores, 27 de maio de 2020

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA (1,2,3,4) 2020





Continuar o prazo de presentación de solicitudes para a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020, para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C), que será de catorce días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG (27 de maio de 2020).
Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).