A Universidade da Coruña (UDC) abre as portas de varios dos seus
centros, tanto na Coruña como en Ferrol, aos futuros estudantes e as
súas familias, coa fin de que coñezan de primeira man todo o que a UDC
lles pode e quere ofrecer, tanto nas sesións informativas sobre as súas
titulacións como nas visitas guiadas ás instalacións: aulas,
laboratorios, bibliotecas.
Nestas Xornadas comentaranse as vantaxes de estudar titulacións
únicas no Sistema Universitario Galego. En cada Centro participante,
incidirase nas saídas profesionais das súas titulacións, nas
expectativas laborais, na posibilidade de mobilidade do seu alumnado e
nas instalacións coas que contan para conseguir unha formación integral.
Para ter máis información, consulta AQUÍ