venres, 31 de maio de 2019

Probas acceso Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

PROBAS de ACCESO 2019/210


A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20. Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o seguinte formulario www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da escola. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría.

VACANTES DISPOÑIBLES

DOCUMENTACIÓN

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte.
b) Xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso:
Modelo E (autocopiativo en papel facilitado presencialmente na Secretaría da escola).
Modelo AI (Axencia Tributaria de Galicia).
Modelos 730 e 731 (Axencia Tributaria de Galicia).

CALENDARIO

  • Inscrición: Do 14 de maio ata o 7 de xuño.
  • Listaxe provisional de admitidos: 11 de xuño.
  • Reclamacións: 12 e 13 de xuño.
  • Listaxe definitiva: 14 de xuño.
  • Realización das probas: Do 1 ao 5 de xullo.
  • Resultados: 9 de xullo.
  • Reclamacións: 10 e 11 de xullo.
  • Resultados definitivos: 12 de xullo.
  • Matrícula: Do 15 ao 29 de xullo.

PROBA PARA OS/AS ASPIRANTES SEN A TITULACIÓN DE BACHARELATO

  • Inscrición: Do 14 de maio ata o 7 de xuño.
  • Realización: 17 de xuño IES FONTIÑAS (Santiago de Compostela), ás 9:00 h.