O luns, día 5 de
febreiro de 2018, ás 19:00
horas, no salón de actos da Casa da Cultura (biblioteca) do Concello de Cangas, houbo unha charla de orientación académica, para as familias do alumnado de 3º e 4º da ESO do IES de Rodeira, a cargo de dous membros do Departamento de Orientación.Esta é a circular que entregamos ao alumnado para que informasen as súas familias...

Na imaxe da esquerda podedes acceder á presentación que serviu de guión no desenvolvemento da charla a cargo de Sergio Nunes e Pablo Miranda, membros do Departamento de Orientación do IES de Rodeira.
A esta charla acudiron unhas 60 persoas. Grazas pola súa asistencia