domingo, 13 de setembro de 2020

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria extraordinaria 2020-2021

Publicación das listaxes provisionais de solicitantes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia. O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 11 de setembro ata as 13:00 horas do martes 15 de setembro de 2020. A reclamación deberase realizar no centro de entrega (onde se presentou a solicitude) enlace

venres, 11 de setembro de 2020

Convocatoria Extraordinaria ABAU 2020

Os exames terán lugar os días 15, 16 e 17 de setembro, en xornada de mañá e tarde, e no horario que se indica no Anexo III enlace

As normas de realización , publicación das cualificacións, revisións e outros puntos de interese, están dispoñibles na páxina de ciug.gal

domingo, 6 de setembro de 2020

Información orientativa. Ciclos e módulos de FP con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes desde o 1 de setembro ata o día 9 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime e modalidade, para grao medio; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas a finais de agosto e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.

Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte "Oferta de FP" no menú lateral), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.

enlace

mércores, 2 de setembro de 2020

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación extraordinaria. Curso 2020-2021

1ª adxudicación sobre as listaxes de espera do período ordinario: publicación o día 2 de setembro.

Matriculación da 1ª adxudicación: do día 2 de setembro ás 9:00 ao 4 de setembro ás 13:00 horas.

enlace

luns, 31 de agosto de 2020

Publicada a quinta listaxe de admitidos e de espera no Sistema Universitario de Galicia

Publicados os resultados da asignación de prazas á universidade (Prazo 5)

Prazo de matrícula : das 00:01h do 1 de setembro ata as

23:59h do 2 de setembro

Prazo de confirmación listas de espera : aberto dende a 

publicación de resultados ata as 23:59h do 2 de setembro

enlace

venres, 28 de agosto de 2020

RELACIÓNS DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS QUE PODEN QUEDAR CON PRAZAS VACANTES

A CONVOCATORIA ORDINARIA de solicitude de admisión (preinscrición) en titulacións con límite de prazas existentes nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2020/21 contempla un prazo de SOLICITUDE EXTRAORDINARIA: 

“Os estudantes que non puideron matricularse en ningunha das titulacións solicitadas despois dos 4 primeiros chamamentos, poden solicitar unha modificación da preinscrición o 27 de agosto, para sustituir as titulacións xa pechadas por titulacións con prazas vacantes.

” Os estudantes da que teñan feita a preinscrición ordinaria e non puideron matricularse en ningunha das titulacións solicitadas despois dos 4 primeiros chamamentos, poden solicitar unha modificación da preinscrición engadindo titulacións con prazas vacantes a continuación das xá solicitadas (estas solicitudes terán efecto a partir do chamamento que se realizará o 3 de setembro). Tendo en conta que a aplicación Informática NERTA só admite a solicitude de 5 titulacións diferentes e un máximo de 10, se son repetidas, o formulario contempla a posibilidade de eliminar algunha das solicitudes xa feitas. Teña en conta que desaparecerá da lista de espera desas titulacións que elimine e non poderemos convocalo aínda que se produzan vacantes.

Relación de titulacións enlace

Formulario para poder facer a solicitude enlace