sábado, 18 de xullo de 2020

SOLICITUDE DE REVISIÓNS ABAU 2020

COMO RECLAMAR AS CUALIFICACIÓNS DA ABAU 2020 NA CONVOCATORIA ORDINARIA 2020

Cando publiquen as cualificacións provisionais o día 16 de xullo se non estás dacordo, dispós de tres días para presentar unha solicitude de revisión a través de NERTA do 17 ao 21 de xullo ata ás 14:00 horas do día 21 de xullo.
A reclamación ás cualificacións da ABAU consisten nun proceso único de revisión que consta de tres fases.
Cada exame pasará por unha primeira (P) e segunda (S) corrección e, en función do resultado, pasará a unha terceira (T) revisión.
Aquí explicamos os pasos a seguir deste proceso único de reclamación:

1º PASO: PRIMEIRA REVISIÓN
No prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar revisión da cualificación nun ou varios exames.
Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”.Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.
2º PASO: SEGUNDA CORRECCIÓN
A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distindo ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.
3º PASO: TERCEIRA CORRECCIÓN 
Trala corrección anterior, no suposto de que existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro profesor/a especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Neste caso a cualificación definitiva será a media aritmética entre as tres cualificacións: P, S e T (P+S+T)/3.
Todo este procedemento deberá efectuarse no prazo do 17 ao 21 de xullo (ata ás 14:00 horas do día 21 de xullo, a través de Nerta)

Cualificación indicada coa letra P
PRIMEIRA CORRECCIÓN
Cualificación provisional
Cualificación indicada coa letra S
SEGUNDA CORRECCIÓN
A cualificación será a media entre P e S
Cualificación indicada coa letra T
TERCEIRA CORRECCIÓN
A cualificación resultante será a media entre P,S e T.

Como solicito a revisión?

A solicitude de revisión faise para cada exame a través da aplicación Nerta, do 17 ao 21 de xullo (ata ás 14:00 horas do día 21 de xullo)

👀Podo ver o exame?

O estudante ten dereito, previa solicitude. A solicitude de acceso e consulta dos exames revisados será entre o día 24 e 27 de xullo (ata ás 14:00 horas). A data de consulta publicarase na web da CIUG antes do día 28 de xullo.

😐E se non estou dacordo coa cualificación definitiva despois do proceso de revisión?

Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CiUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.