RÉXIME ESPECIAL

Inscrición, con carácter extraordinario, nas probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes plásticas e deseño para o curso 2020-21

Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/2021

 As solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 24 de xuño ao 8 de xullo.

As probas de madureza de grao medio e de grao superior terán lugar o día 8 de setembro, e as probas de acceso de carácter específico realizaranse entre os días 9 e 17 de setembro dependendo da modalidade deportiva. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución.

enlace

NOVAS: PROBAS ESAD GALICIA


PROBAS DE ACCESO 2020/21
Inscrición: 
Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.
PROBAS PRESENCIAIS | ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.
PROBAS TELEMÁTICAS | ESPECIALIDADES DE  DIRECCIÓN  ESCÉNICA E DRAMATURXIA, E ESCENOGRAFÍA
As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.

🎨Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño, e de Música para o curso 2020/2021

O pasado venres 5 de xuño foron aprobadas as resolucións polas que se convocan as probas de acceso para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño, e de Música para o curso 2020/21
As devanditas resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 17 de xuño. 
De acordo co establecido nas resolucións correspondentes, as solicitudes para participar nestas probas de acceso poderanse presentar desde o día 18 ata o día 29 de xuño, ambos os dous incluídos, por vía telemática cubrindo o formulario dispoñible no enlace e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 enlace


As probas substitutivas do requisito de titulación de bacharelato terán lugar o día 6 de xullo en Santiago de Compostela, e as probas específicas para as distintas ensinanzas artísticas superiores darán comezo o día 13 de xullo nos centros educativos correspondentes, de acordo cos calendarios que figuran nas respectivas resolucións.

 Convocatoria Arte Dramático enlace 

Convocatoria de Conservación e Restauración de Bens Culturais enlace

Convocatoria de Deseño enlace 

As solicitudes para participar nas probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/2021 poderanse presentar desde o día 22 de xuño ao 3 de xullo, para ciclos de grao superior, e desde o día 20 de xuño ao 4 de setembro para ciclos de grao medio.
A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución.
Convocatoria de Música enlace 



👉CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS




Interésache cursar os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais?

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, convídavos a resolver calquera consulta sobre a organización ou o acceso a través das seguintes canles:
Para máis información pincha na seguinte imaxe



👀AQUÍ poderás acceder a algunha información sobre os estudos de réxime especial:


  • Ensinanzas de danza.
  • Ensinanzas de música.
  • Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais (bens arqueolóxicos, escultura e pintura)
  • Ensinanzas de idiomas.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
  • Ensinanzas superiores de arte dramática.
  • Ensinanzas superiores de música.
  • Ensinanzas superiores de deseño.


Abrése o prazo para a inscrición no proceso de Acceso e Admisión as Ensinanzas Deportivas en Galicia para o curso 2019-2020.

https://drive.google.com/open?id=1wF9zT1GSq94v25BXb2vKkLRNHYDhrHqg