FORMACIÓN PROFESIONAL

Información orientativa. Ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes desde o 1 de setembro ata o día 9 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime e modalidade, para grao medio; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas a finais de agosto e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.

Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte "Oferta de FP" no menú lateral), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro enlace

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación extraordinaria. Curso 2020-2021

1ª adxudicación sobre as listaxes de espera do período ordinario: publicación o día 2 de setembro.

Matriculación da 1ª adxudicación: do día 2 de setembro ás 9:00 ao 4 de setembro ás 13:00 horas.

enlace

Admisión. Ciclos e módulos formativos con prazas vacantes

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 29 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación extraordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.
Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas enlace

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. 2ª ADXUDICACIÓN ORDINARIA. CONVOCATORIA 2020

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas enlace

Formación Profesional dual. Prazas vacantes. Curso 2020-2021

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os ciclos de formación profesional dual que dispoñen de prazas vacantes despois da adxudicación de prazas.
As persoas interesadas en matricularse nalgún destes ciclos formativos presentarán unha única solicitude no centro onde se oferte o ciclo que dispón de prazas vacantes.

ADMISIÓN. CICLOS E MÓDULOS FORMATIVOS LIBERADOS OU CON PRAZAS VACANTES
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 22 ás 9:00 horas ata o día 27 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.
Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Máis información no enlace

Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2020/2021

Publicación das listaxes de persoas admitidas aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020
Máis información no enlace

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional 2020-2021 

As persoas identificadas como usuarias no sistema de admisión de formación profesional que fixeran solicitudes para calquera réxime, modalidade e grao de ciclos formativos de formación profesional poden acceder á aplicación Ciclosadmisión para:

 Obter o seu código persoal de consulta (CPC). 
 Consultar o seu historial persoal de admisión. 

No proceso de admisión de formación profesional para o curso 2020-2021, en todas as listaxes que sexa necesario publicar que conteñan datos persoais, será substituído o número do documento oficial de identidade e o nome e apelidos por un código persoal de consulta (CPC). Deste xeito as listaxes darán toda a información necesaria para o seguimento público do proceso de admisión, pero garantindo a confidencialidade dos datos persoais. 
O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión. Nesta aplicación tamén se poderá consultar toda a información do historial persoal do proceso de admisión (datos persoais, solicitudes e adxudicación de prazas), así como realizar accións como a reserva de matrícula ou a renuncia a prazas adxudicadas nos prazos establecidos para o efecto.

Instrucións para obter:

 - Código persoal de consulta (CPC) 

- Historial persoal de admisión


Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2020/2021.Proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
Réxime ordinario
Réxime para as persoas adultas 
Modalidade presencial 
Modalidade distancia
prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020.
A reclamación deberase realizar no centro de entrega (onde se presentou a solicitude).

Listaxes provisionais de solicitudes.Formación Profesional Dual. Convocatoria 2020.

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 9 de xullo ata as 13:00 horas do luns 13 de xullo de 2020. A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.

Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; comezará o día 9 de xullo de 2020 e rematará o día 10 de agosto de 2020.
Persoas beneficiarias Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior en 2018/19 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2019, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Admisión a cursos de especialización de FP. Curso 2020/2021
No vindeiro curso 2020-2021 ofertaranse por primeira vez en Galicia cursos de especialización de formación profesional.
Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión de cursos de especialización de formación profesional para o curso 2020-2021 será do 25 de xuño ata as 13:00 horas do 8 de xullo.
Deberase cubrir unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. 
O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos.
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

Máis información no enlace


ADMISIÓN A FP DUAL


INSTRUCIÓNS XERAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FP


OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE FP CURSO 2020/2021


Preme no enlace para ver o video da oferta de ciclos no IES de Rodeira


AXUDA PARA A CREACIÓN DUNHA SOLICITUDE DE ADMISIÓN FP 2020/2021


Ciclosadmision é unha aplicación desenvolvida pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para xestionar:

  • Admisión aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos. 
    • Vídeo de axuda do asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos. Preme no enlace

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FP, CONVOCATORIA 2020.

Infórmate a través do enlace de Cisco Webex Meetings 
https://edu.xunta.webex.com/meet/mseco

HORARIOS:

venres, 26 de xuño das 9:30 ás 11:00 horas
martes, 30 de xuño das 9:30 ás 11:00 horas
mércores, 1 de xullo das 9:30 ás 11:00 horas
xoves, 2 de xullo das 9:30 ás 11:00 horas
venres, 3 de xullo das 9:30 ás 11:00 horas
luns, 6 de xullo das 11:00 ás 12:30 horas
martes, 7 de xullo das 11:00 ás 12:30 horas
mércores, 8 de xullo das 9:30 ás 11:00 horas


Para obter información sobre Cisco Webex Meetings, preme no enlace

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021




XORNADAS DIVULGATIVAS POR VIDEOCONFERENCIA FP DUAL
Os días 23 e 25 de xuño en franxa horaria de mañá e tarde haberá unhas xornadas explicando a oferta educativa dos ciclos de FP Dual que se realizan na área de Vigo e sur de Pontevedra,  como se desenvolverán, con qué empresas e respostando as dúbidas que poidan xurdir.
Para máis información dos ciclos de Grao Superior de FP Dual preme no enlace
Para máis información dos ciclos de Grao Medio de FP Dual preme no enlace

➤PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP (LOE) 2020




Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
Na convocatoria do curso 2019-2020, o período de solicitudes considerarase período de matrícula en prazas liberadas (segundo o establecido no artigo 3.2 da Resolución do 29 de maio de 2020) polo que as solicitudes de matrícula para participar nas probas libres de formación profesional de títulos LOE presentaranse na secretaría do centro público elixido en primeira opción.
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da matrícula.
O prazo de presentación de solicitudes de matrícula será do 1 ao 12 de xuño de 2020.


➤Preguntas e respostas sobre o desenvolvemento da FP no terceiro trimestre (curso 2019/2020)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon a disposición da comunidade educativa este documento de preguntas q respostas sobre o desenvolvemento do terceiro trimestre do ciclo de Formación Profesional (FPB, FPGrao Medio, FPGrao Superior e FP Dual), que ten por finalidade aclarar as dúbidas que puidesen xurdir con respecto a esta etapa.
Fai clik nesta ligazón para acceder a el.

➤Se estás pensando en facer un ciclo formativo de grao superior despois de cursar bacharelato, revisa ben a que ciclos tes acceso preferente en función da modalidade cursada no bacharelato.

Premendo na seguinte imaxe poderás acceder á información



➤Inicio do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2019/2020 

 O período de presentación de solicitudes do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de admisión para proxectos de FP dual comeza o día 24 de xuño e remata o día 2 de xullo ás 13:00 horas.


http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8217





➤OFERTA FORMATIVA FP GALICIA 2019-2020

Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

Xa está actualizada a oferta formativa da Formación Profesional en Galicia para o curso académico 2019-2020. Moita sorte aos que se animen a cursar por dita opción académica.



FORMACIÓN PROFESIONAL (FP)


A Formación Profesional ten 3 niveis:
  • FP Básica (FPB).
  • FP de Grao Medio (FPGM).
  • FP de Grao Superior (FPGS).
Duración aproximada de cada ciclo: 2 cursos = título.



Cada ciclo de FP outorga un Título que:

  • capacita para desenvolver un posto de traballo concreto, e
  • dá acceso a estudos de nivel superior (sen necesidade de superar proba algunha):
    • de FPB a FPGM,
    • de FPB a FPGS,
    • e de FPGS á Universidade.
      • Presentarse a ABAU (selectividade) é voluntario para o alumnado de FPGS, soamente no caso de que precisen subir a súa nota de acceso.
      • No acceso á Universidade para o alumnado procedente de FPGS, non existe unha reserva de prazas, senón que compite coa a nota media acadada no ciclo co alumnado procedente de Bacharelato. O alumnado de Bacharelato si que está obrigado a presentarse á ABAU (selectividade).



1. F.P. Básica

É unha medida extraordinaria de atención á diversidade para o alumnado que está en 3º ou, excepcionalmente, en 2º da ESO, que cumpra 15, 16 ou 17 anos, no ano natural no que comece o programa.



O profesorado é quen fai a proposta de incorporación dun/dunha alumno/a a FPB, cando existe un risco elevado de non acadar o título da ESO por vía ordinaria.





Máis información sobre FP en: http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica/





2. F.P. de Grao Medio


AQUÍ podes consultar a oferta de formación profesional por familias profesionais. En función da familia profesional poderá haber oferta de ciclos básicos, ciclos medios e ciclos superiores.


ASPECTOS IMPORTANTES





Para o alumnado que está en 3º da ESO

Se o voso interese é facer unha FP de grao medio, 
non dubidedes en escoller en 4º da ESO o itinerario de ENSINANZAS APLICADAS, xa que:

  • vos prepara mellor para a formación profesional,
  • dá unha resposta máis axustada ao alumnado que tivo dificultades académicas durante os cursos previos da ESO; é dicir, é un itinerario “máis accesible”, na maior parte dos casos.





Para o alumnado que está en 4º da ESODebedes ter en conta que:

  • o máis importante é TITULAR EN XUÑO, xa que isto aumenta moito as opcións de acceder a aqueles ciclos de FP que máis vos interesen e que, nalgúns casos, son moi demandados polo alumnado (para os que habitualmente xa non quedan prazas no mes de setembro);
  • tamén é importante a nota media que teñades na ESO, xa que no caso de haber máis solicitudes que prazas en xuño, entra o alumnado que teña maior nota media.
ACCESO
ACCESO. Existen tres vías de acceso:
  • Dende a ESO (70% das prazas). IMPORTANTE saber que o título da ESO dá acceso a calquera ciclo de grao medio (dá igual que fose acadado pola vía de ensinanzas académicas, pola vía de ensinanzas aplicadas, por adultos ou por libre).
  • Dende FP Básica (20% das prazas). IMPORTANTE: teñen preferencia para o acceso a un ciclo de grao medio o alumnado que proceda de ciclos básicos de determinadas familias profesionaís. AQUÍ podedes consultar estes accesos preferentes.
  • Mediante a superación da proba de acceso a grao superior para maiores de 17 anos (10% das prazas). AQUÍ podedes consultar a convocatoria.

Máis información sobre FP en: http://www.edu.xunta.es/fp/


3. F.P. de Grao Superior

ACCESO. Existen tres vías de acceso:
  • Dende Bacharelato (70% das prazas). IMPORTANTE a modalidade cursada, xa existen modalidades de bacharelato preferentes para o acceso aos ciclos formativo de grao superior. AQUÍ podedes consultar estes accesos preferentes.
  • Dende FP de Grao Medio (20% das prazas). IMPORTANTE teñen preferencia para o acceso a un ciclo de grao superior o alumnado que proceda de ciclos de grado medio da mesma familia profesional. AQUÍ podedes consultar as diferentes familias profesionais existentes e os centros onde se imparten os seus ciclos.
  • Mediante a superación da proba de acceso a grao superior para maiores de 19 anos (10% das prazas). AQUÍ podedes consultar a convocatoria.

Máis información sobre FP de Grao Superior en: http://www.edu.xunta.es/fp/


DESPOIS da FPGS. 

Co título superior de formación profesional podo:
  • acceder a calquera outro ciclo de FP de grao medio ou de grao superior, 
  • obter o título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de lingua galega e literatura.