O pasado martes 15 de maio, entre as 10:10 e as 12:00 horas, seis alumnos/as de 1º da ESO do IES de Rodeira visitaron os seus antigos centros de primaria (tres alumnos/as foron ao CEIP A Rúa e outros/as treas ao CEIP Castrillón) para contarlles ao alumnado de 6º curso de educación primaria "como é a vida no instituto?".
Moitas grazas ao alumnado participante e ás súas familias pola súa colaboración.Tamén nos gustaría agradecer o traballo das titoras de 1º da ESO e de 6º de EP pola súa implicación.
A continuación podedes ver algunhas fotografías desta actividade: