martes, 22 de maio de 2018

Acceso á Universidade. Charla da CIUG.

O luns día 21 de maio, as 12:00 horas, estivo na aula de usos múltiples do IES de Rodeira, Antón Fernández Álvarez, que é o representante na CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) da Universidade de Vigo.

Antón Fernández impartiu unha charla para o alumnado de 2º de Bacharelato sobre a ABAU ("selectividade") e o acceso a universidade.

Na seguinte imaxe podedes acceder a presentación que moi xenerosamente nos achegou Antón e que podedes descargar:

https://drive.google.com/open?id=1fK_4JqqIQCiKwr3uRclUS7RDff5QNKFD

Aquí podedes ver un momento da charla:
 

A continuación da charla da CIUG, o departamento Formación Profesional de Informática e Comunicación explicou ao alumnado de 2º de Bacharelato as características do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, que se imparte no noso centro en réxime ordinario (polas mañás).

Moitas grazas a todos pola vosa asistencia e actitude durante as charlas.

Un saúdo e moita sorte na probas da ABAU.