mércores, 29 de xullo de 2020

2ª ADXUDICACIÓN ADMISIÓN CICLOS

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. 2ª ADXUDICACIÓN ORDINARIA. CONVOCATORIA 2020

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.
👉RÉXIME ORDINARIO
👀LISTAXES DE PERSOAS CON PRAZA ADXUDICADA
👀LISTAXES DE ESPERA

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 29 de xullo ata as 13:00 horas do venres 31 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
🚩A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo: enlace
👉RÉXIME PARA AS PERSOAS ADULTAS
MODALIDADE PRESENCIAL
👀Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
MODALIDADE A DISTANCIA
👀Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 29 de xullo ata as 13:00 horas do venres 31de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:
Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.