venres, 29 de maio de 2020

SEDES DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2020

Lugar de celebración da proba: IES de Rodeira
(para todas as solicitudes presentadas no IES Johan Carballeira, IES Plurilingüe A Paralaia, IES María Soliño e IES de Rodeira).


Data de celebración: 10 de xuño.

Horario nos que desenvolveranse as probas:

Presentación: – Ás 9:00 horas
Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
– Das 09:30 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais). 
Parte científico-técnica da proba: 
– Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía). 
En cada chamamento as persoas inscritas seguirán as instrucións dadas polos centros. As persoas que estean exentas de realizar a parte matemática e a parte sociolingüística acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte científico-técnica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das tres partes non terán que acudir á celebración da proba. Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización


Documentación que se precisa:
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición. Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos. As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas 
 Bolígrafos de tinta negra ou azul. 
 Na proba de Tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos. 

Para consultar todas as sedes preme no enlace

Para consultar as instrucións preme no enlace