martes, 26 de maio de 2020

Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre o restablecemento do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).



- Publicación das listaxes provisionais: a partir do 26 de maio no portal educativo http://www.edu.xunta.es/fp
- Reclamación contra as listaxes provisionais: no prazo de 7 días naturais, contados desde o día seguinte ao da súa publicación a través da plataforma https://sede.xunta.gal/
- Publicación das listaxes definitivas  a partir do 11 de xuño, con indicación da causa de exclusión
- Recurso de alzada: no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación das listaxes definitivas
- Desenvolvemento da fase de asesoramento:  comezará ao día seguinte da publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos e deberá estar rematada o día 21 de setembro de 2020.
- Desenvolvemento da fase de avaliación: comezará para cada persoa candidata ao remate da fase de asesoramento e deberá estar rematada o día 23 de outubro de 2020.
- Reclamación: cinco días naturais contados desde o seguinte ao de comunicación do resultado da avaliación.
- Recurso de alzada:no prazo dun mes desde o día seguinte ao de comunicación da decisión da comisión de avaliación  


ligazón