luns, 13 de xaneiro de 2020


ACREDÍTATE CONVOCATORIA 2020!!!!

Pon en valor a túa experiencia laboral
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.
Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.
Queremos recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.
Acredita toda unha vida de traballo
Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida.
 

 PRAZO DE INSCRIPCIÓN DO 13 DE XANEIRO AO 7 E FEBREIRO

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTA  CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN