As relatoras foron:
- Inés del Río Pastoriza. Pediatra con formación en bioética e diversidade de xénero. Quen impartiu a charla: “Diversidade de xénero na infancia e na adolescencia”.
- Eva Maria Serantes Vaz. Responsable de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores transexuais. Quen impartiu a charla: “Transexualidade e familias”.
A persoa encargada de presentar as relatoras e moderar a xornada foi:
- Alberto Casqueiro Iglesias. Técnico Municipal de Prevención do Concello de Cangas.
Algúns dos recursos que se proxectaron durante a charla foron os seguintes:
- Charla TED da adolescente Mikele Grande: "Un paso máis na defensa da diversidade".
- Vídeo sobre conceptos: identidade de xénero, orientación sexual, expresión de xénero, etc...
- Debuxánxo o xénero: Capítulo 4. "Debuxando o xénero" é un proxecto divulgativo baseado no libro "Debuxando o xénero", que ten como obxectivo coñecer as achegas dos estudos de xénero a un público amplo. O proxecto está elaborado por Gerard Coll-Planas e Maria Vidal.