mércores, 10 de outubro de 2018

O Club dos Deberes

https://drive.google.com/open?id=1m0akIvhmNVpvoJFYwVkuW8T9hEfwu7qb


O mércores 24 de outubro de 2018, iníciase unha nova experiencia no IES de Rodeira:
O Club dos Deberes”.

En que consiste “O Club dos Deberes”? Nunha xuntanza de alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO para facer as tarefas diarias, preparar traballos ou estudar para os exames.

Cando e onde se vai a reunir “O Club dos Deberes”? Tódolos mércores, de 17:00 a 18:30 horas, a partir do mércores 24 de outubro de 2018, na biblioteca do Instituto de Rodeira.

Quen vai a axudar ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO se teñen algunha dúbida? Alumnos/as de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do noso centro, de xeito voluntario, acompañarán ao alumnado de cursos inferiores e os/as axudarán na realización dalgunhas das súas tarefas escolares e na resolución das posibles dúbidas que teñan.

Haberá profesorado presente durante este período? Si, haberá algún docente para axudar ao control do grupo e para favorecer un ambiente de estudo e traballo, pero será o alumnado voluntario quen axudará aos/ás alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO.

Como inscribirse no “Club dos Deberes”? A través da solicitude que se achega e que o alumnado interesado deberá devolver asinada, ao propio/a titor/a, antes do Xoves 19 de outubro de 2018.

Existen prazas limitadas? Si, soamente poderá vir aquel alumnado que entregue a folla de inscrición ao seu docente-titor, na que veña a conformidade familiar e compromiso de participación semanal nesta iniciativa. Existen 40 prazas.

Que pasa se un/unha alumno/a non ten un bo comportamento ou falta reiteradamente ao “Club dos Deberes”? Pois perderá a súa praza, e polo tanto deberá deixar de asistir, sendo substituído por algún/algunha outro/a alumno/a que estea na lista de agarda.


PREME NA IMAXE de arriba ou AQUÍ para obter a solicitude de participación nesta actividade.


David Fernández Viñal
Vicedirector do IES de Rodeira