martes, 17 de abril de 2018

Coñecendo a FP co alumnado de 4ºESO e 2ºFPB. Visita a Vigo.

O mércores día 18 de abril, o alumnado de 4º da ESO e 2º curso de FP Básica, autorizados polas súas familias, visitamos os seguintes centros:
 
  • CIFP Manuel Antonio. Neste centro mostráronos os ciclos medios de:

    • Cociña e gastronomía (Hostalaría e turismo).
    • Servizos en restauración (Hostalaría e turismo).
    • Confección e moda (Téxtil, confección e pel).
    • Operacións de laboratorio (Química).
    • Panadaría, repostaría e confeitaría (Industrias alimentarias).






  • O Centro Residencial Docente de Vigo é unha residencia de estudantes para alumnado que realiza estudos de Bacharelato ou Formación Profesional que non existan na localidade na que resida a familia do alumno/a.



  • Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico. Neste centro mostráronos os ciclos medios de:

    • Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións.
    • Navegación e pesca do litoral. Neste ciclo foi interesante poder estar no simulador de navegación.

NOTA: esta visita foi gratuíta para ao alumnado, foi unha mágoa que non asistisen todos/as.