O
domingo 11 de Marzo dentro dos actos que tendrán lugar con motivo do
“Dia internacional da Muller Traballadora", a Asociación de Animación
Sociocultural e Turística “A Illa dos Ratos” organiza una ruta guiada
especial baixo o título “A Historia das mulleres de Cangas”.
Con
esta actividade este colectivo, que ven realizando rutas guiadas
gratuítas para todos os públicos desde 2016, quere dar a coñecer e por
en valor a figura dalgunhas mulleres máis relevantes ao longo da
Historia de Cangas.
Desde
María Soliño a Fina Acuña Graña, á que se dedican este ano todas as
actividades a nivel institucional, falarase de mulleres con nome propio
pero tamén por colectivos formados por personas anónimas como as
peixeiras, redeiras, traballadoras da conserva e tamén doutros oficios
mulleres da cultura, educación, deporte ou política.
Dado
que se requiere inscrición previa, todas as personas que estean
interesadas en participar nesta ruta, poden anotarse coa debida
antelación na oficina de Turismo de Cangas situada en la Casa de la
Bola, chamando ao 986392023 ou enviando un email a ailladosratos@gmail.com.